Así que, decidida e valente como era ela, rogoulle a Deusa que o home non só a cubrise, senon que a amase por felicidades impensables, por ter tocado o infinito. E Deusa, que era nai e comprensiva, inventou para a súa Eva os bicos. E home e muller tiveron que aprender a pechar os ollos para non cegarse na fogueira, a facer dos beizos pétalos, a construir con eles unha explosión cálida, húmida, doce, entregada, lenta, harmoniosa, desfío da morte, arte e esencia. Despois dos primeiros bicos Eva soubo que nunca máis lle valerían as présas.A PALABRA DAS FILLAS DE EVA
Teresa Moure






