Mostrando entradas con la etiqueta Teresa Moure. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teresa Moure. Mostrar todas las entradas

viernes, mayo 25, 2007

BESOS

Así que, decidida e valente como era ela, rogoulle a Deusa que o home non só a cubrise, senon que a amase por felicidades impensables, por ter tocado o infinito. E Deusa, que era nai e comprensiva, inventou para a súa Eva os bicos. E home e muller tiveron que aprender a pechar os ollos para non cegarse na fogueira, a facer dos beizos pétalos, a construir con eles unha explosión cálida, húmida, doce, entregada, lenta, harmoniosa, desfío da morte, arte e esencia. Despois dos primeiros bicos Eva soubo que nunca máis lle valerían as présas.
(Dos Cadernos de anotar a vida)
A PALABRA DAS FILLAS DE EVA

Teresa Moure

martes, noviembre 07, 2006

A HERBA MOURA


Aproveitade, pois, o día, e tomade a lectura cunha infusión de framboesa á que debedes botar unha man de herba moura, unha herba de bagas negras que chaman tamén nalgúns lugares tomate bravo e noutros uvas de can, que calma as dores, que é canto podemos facer nesta vida, adormecer a dor, e aproveitar de ter, coma a herba moura, mala reputación para facer que as noites de lecer duren máis cós días de traballo. E deixádevos seducir polas palabras que as palabras, se están ben escolmadas e a alma na xusta sazón, son quen de prolongar o pracer como afrodisíacos e de calmar a dor coma analxésicos, que por algo afrodisíacos e analxésicos tamén son palabras.

HERBA MOURA