Aproveitade, pois, o día, e tomade a lectura cunha infusión de framboesa á que debedes botar unha man de herba moura, unha herba de bagas negras que chaman tamén nalgúns lugares tomate bravo e noutros uvas de can, que calma as dores, que é canto podemos facer nesta vida, adormecer a dor, e aproveitar de ter, coma a herba moura, mala reputación para facer que as noites de lecer duren máis cós días de traballo. E deixádevos seducir polas palabras que as palabras, se están ben escolmadas e a alma na xusta sazón, son quen de prolongar o pracer como afrodisíacos e de calmar a dor coma analxésicos, que por algo afrodisíacos e analxésicos tamén son palabras.
HERBA MOURA
No hay comentarios:
Publicar un comentario