(...) Eu sinto unha entrañable piedade polas vidas humildes dos nosos aldeáns. Eu non daría acougo ó meu corpo nin ó meu pensamento astra facer que as xentes das vilas se puxeran a carón dos nosos paisanos, co corazón aberto todo el ás necesidades e ós remedios que precisan. Dóeme a alma cada vez que os vexo como viven en tantos desamparos e abandono. E logo ¡mesmo parece imposible! Inda hai quen os toma como obxecto de bulra e non sabe ver neles máis que a parte que reflexa a súa incultura e maila triste vida que levan. (...)Prólogo “As Abellas de Ouro”
Xosé Lesta Meis





No hay comentarios:
Publicar un comentario