viernes, noviembre 19, 2010

O SEGREDO DE MARCO POLO


Pero Marco ía moito máis aló da admiración, Marco amábaa e queríaa dunha maneira absoluta, con ese amor febril e desesperado dos que saben que nada van recibir da súa amada, nin unha fita do pelo coa que adornar un casco na batalla, nin unha ollada, nin, por suposto, un bico pequeno, amical e casto. Marco aámaa con ese amor dos que saben que a súa paixón nunca vai ser correspondida. Porque non pode ser correspondida. Ámaa coa loucura dos que saben que é un amor morto pola súa propia natureza de seres diferentes. Un amor finado denantes de nacer.

O segredo de Marco Polo

Francisco Castro